Buscar este blog

martes, 14 de abril de 2026

PARABÉNS SHEILA

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 

Aproveitando a visita, alongouna un pouco máis para celebrar o aniversario de Sheila ensinándonos a elaborar a nosa propia sopa de letras  con vocabulario relacionado co mar.

 

Divertidísimo! 

 



 


 

CURIOSIDADES MARIÑAS

TALLERES COAS FAMILIAS

Hoxe recibimos a visita de Pamela, nai de Sheila, que nos veu a falar sobre barcos e os diferentes xeitos que temos para comunicarnos dende eles (ou dende calquera outro lugar): sinais marítimas, código morse...

Aprendimos incluso a emitir unha sinal visual de socorro co código morse empregando unha lanterna, algo que nos pode resultar útil nalgunha situación de perigo ou emerxencia. 

Encantóunos! Moitas grazas por vir a compartir con anaquiño de tempo con nós!

 



 

sábado, 11 de abril de 2026

VISITA Á LONXA DE SADA

 

Fabulosa xornada a do pasado venres na Lonxa de Sada!

Da man de Manolo aprendimos un montón de cousas sobre o seu funcionamento: diferentes especies de peixes e moluscos que lles chegan, que se fai con eles, vimos as cámaras onde gardan o peixe que non serve para que non se perda e empregalo de cebo para pescar outras especies... e ata simulamos unha puxa!

Moitísimas grazas por todo, foi unha experiencia chulísima!  

 







 

domingo, 29 de marzo de 2026

UN MAR DE FOTOS

Nesta segunda avaliación comezamos a traballar a fotografía; comezamos creando un mural con todas as fotos que fixeron as nenas e nenos de 1º e 2º, coa súa explicación correspondente. No vindeiro trimestre afondaremos un pouco máis nela.

 


 

  

sábado, 28 de marzo de 2026

 RECREANDO A URBANO LUGRÍS

 

No marco do proxecto MareSada, na materia de plástica, estivemos a traballar a Urbano Lugrís, celebre pintor coruñés ao que adicou gran parte da súa obra ao mar e a elementos relacionados co mesmo.

 

O cadro que escollimos para recrear foi "Leyenda marina", e este foi o resultado.

Gran traballo!

 




 


 

 

 CURIOSIDADES MARIÑAS

TALLERES COAS FAMILIAS 

 

E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís, un compañeiro de 1º EP. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bioloxía, coa ciencia... e hoxe amosáronnos un pouco do seu traballo. Quedamos abraiados ao enterarnos, por exemplo, de que os peixes tamén se vacinan! Ata os pinchan coma a nós! E outros coma son pequenos os meten nunha bañeira coa vacina, nunca tal se viu! O mar tamén ten estacións e xa sabemos por que as algas teñen diferente cor. Ademais puidemos ver coma con acetona pura se pode extraer o pigmento da alga. Hai tantas cousas que non sabemos... pero somos afortunad@s de aprender cada día un pouquiño máis. Grazas familias polo voso tempo e a vosa paciencia!  

 




 

martes, 17 de marzo de 2026

ROBÓTICA  

 

A semana pasada tivemos a sorte de que as nenas e nenos de 5º EP e a profe Lis viñeron facer con nós unha sesión de robótica, na que nos amosaron como programaron os robots para que seguisen liñas negras.

 


 

  Este curso incorporamos unha nova activida de para relaxarnos, o Ioga!