Buscar este blog

domingo, 29 de marzo de 2026

UN MAR DE FOTOS

Nesta segunda avaliación comezamos a traballar a fotografía; comezamos creando un mural con todas as fotos que fixeron as nenas e nenos de 1º e 2º, coa súa explicación correspondente. No vindeiro trimestre afondaremos un pouco máis nela.

 


 

  

sábado, 28 de marzo de 2026

 RECREANDO A URBANO LUGRÍS

 

No marco do proxecto MareSada, na materia de plástica, estivemos a traballar a Urbano Lugrís, celebre pintor coruñés ao que adicou gran parte da súa obra ao mar e a elementos relacionados co mesmo.

 

O cadro que escollimos para recrear foi "Leyenda marina", e este foi o resultado.

Gran traballo!

 




 


 

 

 CURIOSIDADES MARIÑAS

TALLERES COAS FAMILIAS 

 

E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís, un compañeiro de 1º EP. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bioloxía, coa ciencia... e hoxe amosáronnos un pouco do seu traballo. Quedamos abraiados ao enterarnos, por exemplo, de que os peixes tamén se vacinan! Ata os pinchan coma a nós! E outros coma son pequenos os meten nunha bañeira coa vacina, nunca tal se viu! O mar tamén ten estacións e xa sabemos por que as algas teñen diferente cor. Ademais puidemos ver coma con acetona pura se pode extraer o pigmento da alga. Hai tantas cousas que non sabemos... pero somos afortunad@s de aprender cada día un pouquiño máis. Grazas familias polo voso tempo e a vosa paciencia!  

 




 

martes, 17 de marzo de 2026

ROBÓTICA  

 

A semana pasada tivemos a sorte de que as nenas e nenos de 5º EP e a profe Lis viñeron facer con nós unha sesión de robótica, na que nos amosaron como programaron os robots para que seguisen liñas negras.

 


 

miércoles, 4 de marzo de 2026

PARABÉNS HÉCTOR!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 

En 2º estamos desexando que chegue a primavera e agora, gracias á mamá e a tía de Héctor, xa temos sementados os nosos bulbos dos que, esperamos, nazan unhas fermosas flores nas vindeiras semanas.

Moitísimas gracias por esta actividade tan chula para festexar o aniversario de Héctor!

 




 
 

PARABÉNS SHEILA 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂   Aproveitando a visita, alongouna un pouco máis para celebrar o aniversario de Sheila ensinándonos a elabo...