Buscar este blog

jueves, 19 de octubre de 2023

CONTO SAWABONA/SADABONA

Encantounos o conto!!!!
Grazas LECTURITAS!






O CALENDARIO: O MES DE DECEMBRO

 O MES DE DECEMBRO!!!


PARABÉNS FAMILIA, MENUDA CHULADA!

As pinzas vermellas representan: o luns, o martes, o mércores, o xoves e o venres. As azuis, o sábado e as verdes, o domingo. 

👏👏👏👏👏👏📅👏👏👏👏👏📅👏👏👏




miércoles, 11 de octubre de 2023

O PASO DO TEMPO📅

Traballamos o calendario!

Para estes días propóñovos unha tarefa para que os nenos/as comprendan mellor o paso do tempo: representaremos os días, os meses, as estacións e o ano enteiro (poderemos marcar os aniversarios de toda a familia, o Nadal, a fin de curso e así contar cantos días nos quedan para ese día  tan especial que estamos desexando que chegue).

Animádesvos?

Imos a realizar unha Cadea Anual inspiración Montessori!

Que precisamos?

- 365 pinzas de madeira ou 31 para un mes.

-Un cordel

-12 Washi-tape (cintas decorativas) ou pinturas para pintar as pinzas.

- 4 tiras de tela para representar: a primavera, o verán, o outono e o inverno.

-tesoiras

Este sería o resultado:



É unha actividade longa pero podemos facer cada mes un mes, se queremos facer un ano enteiro ou  representar soamente un mes. Estou segura que despois desta manualidade entenderán mellor este contido e recitarán os días da semana e os meses do ano sen problema.

Déixovos un vídeo para axudarvos na súa elaboración. Simplemente é una idea. Seguro que o voso será máis orixinal.




Feliz ponte!!!! 


miércoles, 4 de octubre de 2023

domingo, 1 de octubre de 2023

ESTE É O RAP DAS DECENAS!  

Cando xuntas 10
hai unha decena,
Si só teño 9
vaia faena,
non teño unha decena

CANTAMOS E XUNTAMOS UNIDADES PARA FORMAR DECENAS....








2ºEP: CURSO 2023/2024❤️🌻

💚 Os nenos e nenas de 2º de educación primaria dan a benvida ao curso 2023/2024!!!! 💛






EXPERIMENTOS EN FAMILIA!

REALIZANDO MESTURAS! Poñendo en práctica o método científico!  E na aula contamos as conclusións as que chegamos…