Traballamos o calendario!
Para estes días propóñovos unha tarefa para que os nenos/as comprendan mellor o paso do tempo: representaremos os días, os meses, as estacións e o ano enteiro (poderemos marcar os aniversarios de toda a familia, o Nadal, a fin de curso e así contar cantos días nos quedan para ese día tan especial que estamos desexando que chegue).
Animádesvos?
Imos a realizar unha Cadea Anual inspiración Montessori!
Que precisamos?
- 365 pinzas de madeira ou 31 para un mes.
-Un cordel
-12 Washi-tape (cintas decorativas) ou pinturas para pintar as pinzas.
- 4 tiras de tela para representar: a primavera, o verán, o outono e o inverno.
-tesoiras
Este sería o resultado:
É unha actividade longa pero podemos facer cada mes un mes, se queremos facer un ano enteiro ou representar soamente un mes. Estou segura que despois desta manualidade entenderán mellor este contido e recitarán os días da semana e os meses do ano sen problema.
Déixovos un vídeo para axudarvos na súa elaboración. Simplemente é una idea. Seguro que o voso será máis orixinal.
Feliz ponte!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario