Buscar este blog
martes, 26 de abril de 2022
E TI QUE FARÍAS?
Partindo dunha serie de imaxes sobre situacións da vida cotiá debatimos sobre a mellor maneira de resolver estas situacións de maneira positiva.
"Que farías se te apases unha anciá cruzando a rúa? Que farías se te atopases un animal ferido"... foron algúns dos supostos cos que nos atopamos e que deron para un interesante debate.
viernes, 22 de abril de 2022
EXPERIMENTO CON LENTELLAS
Fai unhas semanas smentamos unhas lentellas en algodón. O noso obxectivo, ademáis de ver medrar a nosa planta, era averiguar que ocorrería se privásemos a algunha delas de LUZ e a outras de AUGA.
Isto foi o que aconteceu.
Vimos como ás sementes que recibiron auga, luz e aire aos poucos días comezaron a sairlles as raíces, os talos e a brotar pequenas follas.
Á volta das vacacións abrimos a caixa na que gardábamos as sementes sen luz e isto foi o que nos atopamos...
OS TALOS ESTABAN COMPLETAMENTE BLANCOS! Ademáis, apenas tiñan follas e eran moito máis longos que os das nosas lentellas (posiblemente medraran tanto buscando algunha rendixa de sol que lles entrara pola caixa).
Agora xa temos claro que a luz solar ten moito que ver na cor verde que teñen as plantas, así que... seguiremos investigando!
miércoles, 20 de abril de 2022
OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL
📃📄🌲🌲
Durante estos días estanos acompañando o equipo de MATRÁCALA para ensinarnos a facer papel reciclado.
Papel, auga e un batedor, son suficiente para poder dar un novo uso ao papel que xa non empregamos, axudando así a coidar do medio ambiente.
Fixemos papel, escribimos con pluma, decoramos as nosas tarxetas e lacrámolas como se facía antigamente.
QUEDAMOS ENCANTAD@S!
martes, 5 de abril de 2022
viernes, 1 de abril de 2022
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
O vindeiro 2 de maio celébrase o Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo. Durante esta semana coñecimos un pouco máis sobre as persoas con Trastonro do Espectro Autista e chegamos á conclusión de que, a pesar te todo, as cousas que nos fan felices a cada un de nós son ben parecidas.
Deixámosvos unha mostra dos vosos fantásticos traballos.
(Premede na imaxe para ver todas as demáis)
"UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA" 2º A.
-
XA ESTAMOS DE VOLTA! Arrincamos un novo curso cheo de aventuras dende as nosas clases de 2ºA e 2ºB, estades preparadas/os? Estade moi a...