Buscar este blog
miércoles, 29 de abril de 2026
martes, 14 de abril de 2026
CURIOSIDADES MARIÑAS
TALLERES COAS FAMILIAS
Hoxe recibimos a visita de Pamela, nai de Sheila, que nos veu a falar sobre barcos e os diferentes xeitos que temos para comunicarnos dende eles (ou dende calquera outro lugar): sinais marítimas, código morse...
Aprendimos incluso a emitir unha sinal visual de socorro co código morse empregando unha lanterna, algo que nos pode resultar útil nalgunha situación de perigo ou emerxencia.
Encantóunos! Moitas grazas por vir a compartir con anaquiño de tempo con nós!
sábado, 11 de abril de 2026
VISITA Á LONXA DE SADA
Fabulosa xornada a do pasado venres na Lonxa de Sada!
Da man de Manolo aprendimos un montón de cousas sobre o seu funcionamento: diferentes especies de peixes e moluscos que lles chegan, que se fai con eles, vimos as cámaras onde gardan o peixe que non serve para que non se perda e empregalo de cebo para pescar outras especies... e ata simulamos unha puxa!
Moitísimas grazas por todo, foi unha experiencia chulísima!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
PARABÉNS ÁLVARO E JOSE! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂 E para rematar a mañá de venres, recibimos a visita dos pais de Álvaro e Jose que nos leron un co...
-
XA ESTAMOS DE VOLTA! Arrincamos un novo curso cheo de aventuras dende as nosas clases de 2ºA e 2ºB, estades preparadas/os? Estade moi a...
-
¿CON C O CON QU ? ¡RECUERDA! Escribimos C delante de A, O, U: CA CO CU (como en ca sa 🏠) Escribimos QU delante de E y de I: QUE ...









