Buscar este blog

sábado, 28 de marzo de 2026

 

 CURIOSIDADES MARIÑAS

TALLERES COAS FAMILIAS 

 

E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís, un compañeiro de 1º EP. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bioloxía, coa ciencia... e hoxe amosáronnos un pouco do seu traballo. Quedamos abraiados ao enterarnos, por exemplo, de que os peixes tamén se vacinan! Ata os pinchan coma a nós! E outros coma son pequenos os meten nunha bañeira coa vacina, nunca tal se viu! O mar tamén ten estacións e xa sabemos por que as algas teñen diferente cor. Ademais puidemos ver coma con acetona pura se pode extraer o pigmento da alga. Hai tantas cousas que non sabemos... pero somos afortunad@s de aprender cada día un pouquiño máis. Grazas familias polo voso tempo e a vosa paciencia!  

 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN MAR DE FOTOS Nesta segunda avaliación comezamos a traballar a fotografía; comezamos creando un mural con todas as fotos que fixeron as ne...