Buscar este blog
martes, 21 de diciembre de 2021
miércoles, 15 de diciembre de 2021
DESEXOS PARA O NADAL
Pilocha da Rocha
Esta semana recibimos unha nova carta dende Illa Fantasía que nos falaba de Pilocha da Rocha, unha muller forte e valente, que, aos seus case 100 anos, segue gabeando polas rochas, como boa percebeira, na procura deste prezado manxar.
Cos cartos que gaña pretende poder acadar sete desexos para ela e a súa familia, pero precisará da nosa axuda...
Mentres, comezamos por pensar cales son os desexos (principalmente non materiais) que nos gustaría cumprir este Nadal e saíron algúns tan fermosos como poder volver a xogar xuntos no patio, celebrar con toda a familia as festas, volver a ver algún ser querido e, postos a pidir, que neve en Sada!
A nós ilusión non nos falta, quen sabe se algún dos nosos desexos se fará realidade...
martes, 14 de diciembre de 2021
lunes, 13 de diciembre de 2021
jueves, 2 de diciembre de 2021
miércoles, 1 de diciembre de 2021
OS OSOS E AS ARTICULACIÓNS
O noso esqueleto esta formado por 206 ósos. Atópanse no interior do noso corpo e son duros e ríxidos. Teñen dúas funcións principais: permítennos manternos en pé e protexen os órganos do noso corpo (cerebro, corazón, pulmóns…)
Presta atención ao seguinte vídeo para descubrir máis cousas sobre os ósos.
Despois, non te esquezas de facer a actividade para comprobar se recordas o nome dos ósos e das articulacións que vimos na clase.
martes, 30 de noviembre de 2021
2ºA NO TARABELO NAS ONDAS
Esta semana foron as nenas e nenos de 2ºA as/os encargados de gravar esta nova emisión do Tarabelo nas Ondas.
Nesta ocasión está adicado ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebrará o vindeiro 3 de decembro.
Premede no Monstro Rosa para ir ao blogue do Tarabelo, escoitade de novo o programa e pensade cal é a vosa capacidade!
OS CINCO SENTIDOS
A través dos sentidos podemos percibir o mundo que nos arrodea: podemos ulir o arrecendo dunha torta recén feita, esoitar a nosa canción favorita, ver as cores dunha bolboreta, saborear un delicioso xeado ou desfrutar dunha doce caricia.
Fíxate no seguinte vídeo para descubrir máis curiosidades a cerca dos cinco sentidos.
SIMULACRO REAL Hoxe foi o simulacro de todo o colexio. Chegamos todas e todos, seguindo as instruccións, á Casa da Cul...
-
XA ESTAMOS DE VOLTA! Arrincamos un novo curso cheo de aventuras dende as nosas clases de 2ºA e 2ºB, estades preparadas/os? Estade moi a...