Buscar este blog

miércoles, 15 de diciembre de 2021

 DESEXOS PARA O NADAL

Pilocha da Rocha

 Esta semana recibimos unha nova carta dende Illa Fantasía que nos falaba de Pilocha da Rocha, unha muller forte e valente, que, aos seus case 100 anos, segue gabeando polas rochas, como boa percebeira, na procura deste prezado manxar.

 Cos cartos que gaña pretende poder acadar sete desexos para ela e a súa familia, pero precisará da nosa axuda...

Mentres, comezamos por pensar cales son os desexos (principalmente non materiais) que nos gustaría cumprir este Nadal e saíron algúns tan fermosos como poder volver a xogar xuntos no patio, celebrar con toda a familia as festas, volver a ver algún ser querido e, postos a pidir, que neve en Sada!

A nós ilusión non nos falta, quen sabe se algún dos nosos desexos se fará realidade...

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPERIMENTOS EN FAMILIA!

REALIZANDO MESTURAS! Poñendo en práctica o método científico!  E na aula contamos as conclusións as que chegamos…