Durante este curso, as aulas de 2ºA e 2ºB, participaremos no programa TEI.
Trátase dun programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa, baseado na titorización emocional entre iguais, onde o repecto, a empatía e o compromiso son a base do mesmo.
Deste xeito, adicaremos algunhas sesións de valores/relixión ao longo do curso para levalo a cabo.
Esta semana comezamos presentándoo e reflexionando sobre cousas tan importantes coma os nosos deberes e responsabilidades, así como aquilo que nos fai dano e que, polo tanto, non debemos facer aos demáis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario