COGAMI promove a defensa dos intereses das persoas con discapacidade e loita para conseguir a súa integración social. Grazas a esta visita, puidemos meternos na pel doutras persoas con algún tipo de discapacidade. Así, cada día, aprendemos un pouquiño máis sobre a diversidade e aprendemos a valorar aos demais e a nós mesmos tamén!
Hoxe gozamos co vídeo dun CONTO para entender o AUTISMO e fixemos un mural: 1º e 2º de EP!
O símbolo do infinito (transformado en flor no noso mural) coa gama de cores do arco da vella mostra esa diversidade e singularidade que hai dentro do espectro AUTISMO.
Hai que ver o ben que se portaron os 🚒!!!! Fixemos un pouco de todo: usar a manguera, subir ao camión, visitar as aulas, ver as habitación, os baños, a área de descanso, escoitar as 🚨 sirenas…Gustounos todo, todiño!
Lucía, a nosa orientadora, visitounos con Mr. Potato e contounos para que sirve o panel do punto LARANXA, entendimos que é importante estar atentos por si alguén precisa da nosa axuda.
Agora todos temos o pelo de cor LARANXA!
Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.