Buscar este blog
miércoles, 18 de mayo de 2022
martes, 17 de mayo de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado venres tivemos a sorte de disfrutar dun fantástico concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.
Brincamos e bailamos sen parar e descubrimos que se pode facer música con todo tipo de trebellos!
PARABÉNS A VERA!
Ese mesmo día, a concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Sada, Marisa Rúa, entregou os premios @s gañador@s do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello e... VERA RESULTOU SER UNHA DELAS! NORABOA POLO TEU FERMOSO MARCAPÁXINAS!
Tamén felicitar a Breixo, Gonzalo e Nerea, así como a todas e todos os que participástedes!
martes, 3 de mayo de 2022
COMO SE ALIMENTAN OS ANIMAIS?
🌲🌿🍖🍗
Lembra que, segundo a súa alimentación, os animais poden ser HERBÍVOROS, CARNÍVOROS ou OMNÍVOROS.
Anímaste a descubrir como se alimentan algúns animais? Preme nas seguintes imaxes e tenta averigualo!
Se queres saber máis sobre os animais carnívoros, preme na seguinte imaxe.
martes, 26 de abril de 2022
E TI QUE FARÍAS?
Partindo dunha serie de imaxes sobre situacións da vida cotiá debatimos sobre a mellor maneira de resolver estas situacións de maneira positiva.
"Que farías se te apases unha anciá cruzando a rúa? Que farías se te atopases un animal ferido"... foron algúns dos supostos cos que nos atopamos e que deron para un interesante debate.
viernes, 22 de abril de 2022
EXPERIMENTO CON LENTELLAS
Fai unhas semanas smentamos unhas lentellas en algodón. O noso obxectivo, ademáis de ver medrar a nosa planta, era averiguar que ocorrería se privásemos a algunha delas de LUZ e a outras de AUGA.
Isto foi o que aconteceu.
Vimos como ás sementes que recibiron auga, luz e aire aos poucos días comezaron a sairlles as raíces, os talos e a brotar pequenas follas.
Á volta das vacacións abrimos a caixa na que gardábamos as sementes sen luz e isto foi o que nos atopamos...
OS TALOS ESTABAN COMPLETAMENTE BLANCOS! Ademáis, apenas tiñan follas e eran moito máis longos que os das nosas lentellas (posiblemente medraran tanto buscando algunha rendixa de sol que lles entrara pola caixa).
Agora xa temos claro que a luz solar ten moito que ver na cor verde que teñen as plantas, así que... seguiremos investigando!
miércoles, 20 de abril de 2022
OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL
📃📄🌲🌲
Durante estos días estanos acompañando o equipo de MATRÁCALA para ensinarnos a facer papel reciclado.
Papel, auga e un batedor, son suficiente para poder dar un novo uso ao papel que xa non empregamos, axudando así a coidar do medio ambiente.
Fixemos papel, escribimos con pluma, decoramos as nosas tarxetas e lacrámolas como se facía antigamente.
QUEDAMOS ENCANTAD@S!
PARABÉNS ÁLVARO E JOSE! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂 E para rematar a mañá de venres, recibimos a visita dos pais de Álvaro e Jose que nos leron un co...
-
XA ESTAMOS DE VOLTA! Arrincamos un novo curso cheo de aventuras dende as nosas clases de 2ºA e 2ºB, estades preparadas/os? Estade moi a...
-
¿CON C O CON QU ? ¡RECUERDA! Escribimos C delante de A, O, U: CA CO CU (como en ca sa 🏠) Escribimos QU delante de E y de I: QUE ...

























