Buscar este blog

domingo, 27 de octubre de 2024

As Bolas do Dragón

 Menuda sorpresa trouxo Xabi o venres!! Nada máis e nada menos que as sete bolas máxicas!! Quedamos todos abraiados, incluso Andrés o noso diretor que tamén é moi fan de Dragon Ball.

Moitas grazas Xabi!!






Mensaxe de Lecturitas

 Esta semana, Lecturitas, a mascota da biblioteca, fíxonos chegar unha mensaxe a clase. Resulta que este verán estivo a viaxar por Galicia e, un dos sitios que visitou foi o salón do cómic da Coruña. Alí atopou moitas personaxes que non coñecía e por iso quere que nós fagamos unha investigación sobre algunhas desas personaxes. 

Teremos que investigar sobre Astérix e Obélix!! Por sorte a nosa mestra lía de pequena eses cómics e ten na casa unha boa coleción que nos vai traer.







viernes, 18 de octubre de 2024

O NOSO CORPO

 Os Cocolocos traballan duro e xa están comezando un novo tema de Ciencias, neste caso de Ciencias da Natureza; O noso corpo. Están moi interesados en coñecer as partes do corpo, os sentidos e outras moitas cousas que traballaremos ao longo das próximas semanas.








viernes, 11 de octubre de 2024

UN DÍA NA NOSA CLASE

 Hoxe queremos que vexades como é un venres na clase dos Cocolocos. Moitas rutinas e traballo pero tamén hai tempo para pasalo ben. Mirade!

A encargada de hoxe foi Hiba, o primeiro que ten que facer é poñer o calendario ao día, recordar a estación na que estamos e tamén revisar a información sobre o tempo meteorolóxico. Por último actualiza o horario de materias que toca.


O seguinte é repartir os estoxos. Temos unhas caixas nas que os gardamos e cada día un encargad@ de cada equipo as leva a mesa e despois as recolle.


Sacamos as axendas e rodeamos o día no que estamos. Tamén nas axendas apuntamos a palabra do día que nos dan no concurso "Palabreando". Podédelas ver todas no Blog do Tarabelo.
Toca empezar a traballar! Sempre comezamos con matemáticas. Abrimos moito os ollos e as orellas e pechamos a boca porque a mestra ten que explicar. Hai que concentrarse moito porque as veces a cousa ponse difícil.
A segunda hora toca Inglés. A teacher Lucía é moi boa e trae actividades do máis divertido. Despois volta ao traballo duro xa que toca Ciencias Sociais; agora estamos a repasar o Tema 1 sobre A Paisaxe, non é doado recordar todo o que aprendimos, tipos de paisaxes, elementos, partes do río... pero traballamos moito para conseguilo.
En canto rematamos as tarefas de cada hora a mestra deixanos un pouco de tempo libre mentres van rematando todos. Puxo un rincón con todo ben organizado.

Por fin chega a hora do recreo. A xogar!!

Despois do recreo temos Educación Física, está claro que é a nosa asignatura favorita, pero non llo podemos dicir a mestra, ela cree que a favorita é Mate.
A última toca Lingua Galega pero seica pode ser bastante espesa para rematar a semana, polo que a mestra decidiu que esa hora nos de clase Songoku porque cando ela era pequena aprendía galego vendo Bola de Dragón... xa me contarás! (Mirade que atentos estamos tod@s)
Antes de despedirnos, revisamos as estrelas que conseguimos conservar ao longo da semana e, en función das que teñamos, tócanos unha ou outra recompensa.
Agora xa nos podemos despedir deica o luns. Imos desfrutar da fin de semana que ben merecido o temos!














lunes, 7 de octubre de 2024

PARABÉNS AMAIA

 Hoxe celebramos o aniversario de Amaia. Esperamos que se cumpran tódolos seus desexos.

Parabéns Amaia!



HENRI MATISSE

 Na área de Plástica imos levar a cabo un traballiño sobre distintos artistas (inspirado nas ideas de "La clase de Sa"). Comezamos coñecendo a Henri Matisse a partir do conto "Las tijeras de Matisse". Despois cada un fixo a súa pequena obra de arte inspirada no autor. Temos unha clase de artistas, non hai dúbida!



Ciencias Sociais. A Paisaxe

 O Tema 1 de Ciencias Sociais vai sobre a paisaxe. Estivemos diferenciando os tipos de paisaxe e tamén vimos que en moitos hai rochas e estas están formadas por minerais. A nosa mestra lembrouse de que tiña unha caixa de minerais do seu fillo na casa e nolos trouxo para velos. Encantáronnos, sobretodo a xeoda.





viernes, 4 de octubre de 2024

VISITA DE CLIO

 Este comezo de curso está sendo moi axetreado. Os Cocolocos non paran de traballar e aprender cousas novas por iso aínda non tiveramos tempo de pasarnos polo noso Blogue. 

Pero imos estrealo cunha visita moi especial que tivemos este xoves. Renatta e a súa nai trouxéronnos a Clio; un gatiño que rescataron do motor dun coche Renault...Clio (todo cadra). 

A visita foi incrible! Gracias a Renatta e a súa mamá por presentarnos a esta fermosura. Agardamos que nos faga máis visitas ao longo do curso.







VISITA A CORREOS

 Antes dás vaccacións de Nadal fixemos unha excursión á oficina de correos de Sada. Tomás explicounos como funciona o sistema de correos, de...