Buscar este blog
martes, 21 de diciembre de 2021
miércoles, 15 de diciembre de 2021
DESEXOS PARA O NADAL
Pilocha da Rocha
Esta semana recibimos unha nova carta dende Illa Fantasía que nos falaba de Pilocha da Rocha, unha muller forte e valente, que, aos seus case 100 anos, segue gabeando polas rochas, como boa percebeira, na procura deste prezado manxar.
Cos cartos que gaña pretende poder acadar sete desexos para ela e a súa familia, pero precisará da nosa axuda...
Mentres, comezamos por pensar cales son os desexos (principalmente non materiais) que nos gustaría cumprir este Nadal e saíron algúns tan fermosos como poder volver a xogar xuntos no patio, celebrar con toda a familia as festas, volver a ver algún ser querido e, postos a pidir, que neve en Sada!
A nós ilusión non nos falta, quen sabe se algún dos nosos desexos se fará realidade...
martes, 14 de diciembre de 2021
lunes, 13 de diciembre de 2021
jueves, 2 de diciembre de 2021
miércoles, 1 de diciembre de 2021
OS OSOS E AS ARTICULACIÓNS
O noso esqueleto esta formado por 206 ósos. Atópanse no interior do noso corpo e son duros e ríxidos. Teñen dúas funcións principais: permítennos manternos en pé e protexen os órganos do noso corpo (cerebro, corazón, pulmóns…)
Presta atención ao seguinte vídeo para descubrir máis cousas sobre os ósos.
Despois, non te esquezas de facer a actividade para comprobar se recordas o nome dos ósos e das articulacións que vimos na clase.
MUSEO DA CONSTRUCIÓN NAVAL DE FERROL 🚢🚢🚢 Fantástica visita ao Museo da Construción Naval de Ferrol, cantas cousas aprendimos! Que requis...
-
¿CON C O CON QU ? ¡RECUERDA! Escribimos C delante de A, O, U: CA CO CU (como en ca sa 🏠) Escribimos QU delante de E y de I: QUE ...