Buscar este blog

domingo, 14 de junio de 2026

PARABÉNS ÁLVARO E JOSE!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 

E para rematar a mañá de venres, recibimos a visita dos pais de Álvaro e Jose que nos leron un conto que lles encanta: PÉTALA.

  Graciñas por vir compartir un ratiño con nós á aula!

 



 

PARABÉNS BRAIS!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

Que cousa tan fermosa estes fósiles que creamos a partir de cunchas e caracolas recollidos na praia!

Pasamos unha mañá ben entretida creando as nosas propias pezas de artesanía que nai de Brais transformará en fermosas xoias! 

Graciñas familia! 

 




 

 

PARABÉNS SARA!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

Hoxe a nai de Sara ensinounos a converter unha camiseta vella nunha práctica e orixinal bolsa!

Estarán á venda no mercado mariñeiro, pero estade atent@s porque xa temos algunhas reservadas!

Graciñas familia! 

 




 
 

miércoles, 10 de junio de 2026

PARABÉNS ROI!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 

Que fermosa actividade nos trouxeron Roi e súa nai!

Elaboramos os botes dos DESEXOS   e dos AGRADECEMENTOS: decorámolos, colocámoslles tartarugas luminosas e todas e todos deixamos neles os nosos desexos e agradecementos. O único requisito é que non podemos desexar nada material.

Quedaron na aula para que libremente poidamos seguir enchéndoos, coa premisa de que antes de que remate o curso abrirémolos para lelos.

Moitísimas grazas familia!

 




 

CASA DO QUEIXO 

 






 

viernes, 5 de junio de 2026

TEATRO

"Máquina de monstros"


Hoxe acudimos á Casa da Cultura a desfrutar dunha fantástica representación teatral na que participaron catro das nosas compañeiras.

Noraboa a Sara López, Pepa, Sheila e Sara Rey (e ao resto de actores) polo súper traballo que fixéchedes ao longo de todo o curso: ENCANTOUNOS!



 

miércoles, 3 de junio de 2026

LIMPAMOS A PRAIA

Hoxe, da man da Cruz Vermella, puxemos o noso gran de area recollendo residuos na praia.

Parecía que non había nada e quedamos impresionados con todo o que recollimos!

 



 
 

viernes, 15 de mayo de 2026

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

MANOLA  

 

PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO DA ACTUACIÓN 👆

 


 

PARABÉNS ÁLVARO E JOSE! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂   E para rematar a mañá de venres, recibimos a visita dos pais de Álvaro e Jose que nos leron un co...