PARABÉNS IZAN!
🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
No día de onte baixamos á Casa da Cultura a desfrutar dun entretido espectáculo de títeres onde, ademáis de aprender conceptos sobre o mar e pesca, reflexionamos sobre a importancia de coidar os nosos mares.
Ademáis exercimos de "maiores" acompañando cada un de nós a un alumn@ de 4º de EI!
Hai uns días apareceu Lecturitas nas nosas aulas con artiluxios e obxectos moi relacionados co Mar: un baúl con rede de pesca, un catalexo, dúas moedas piratas, dous peixes, unha caracola, unha cuncha... e unha carta misteriosa!
Nela pedíanos resolver varios misterios sobre o mar agochados na exposición Mar de Mares.
Tamén nos deixou un lenzo xigante, un caderno mariñeiro, uns sacos pequeniños... estamos ansiosas e ansiosos por descubrir máis sobre este misterio!
PARABÉNS CELIA! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂 A semana pasada visitounos a familia de Celia para celebrar o seu aniversario. Fixemos creamos os nosos ...