Buscar este blog

miércoles, 21 de enero de 2026

MUSEO DA CONSTRUCIÓN NAVAL DE FERROL

🚢🚢🚢 


Fantástica visita ao Museo da Construción Naval de Ferrol, cantas cousas aprendimos!

Que requisitos ten que cumplir unha embarcación para ser un barco, como se construen, maquetas de barcos tan famosos como o Juan Sebastián el Cano, a historia da fragata Santa María Magdalena, estivemos dentro dun barco antigo e doutro moderno...









... e rematamos cun divertido taller no que aprendimos a facer tres tipos de nudos mariñeiros!



martes, 20 de enero de 2026

TODOS E TODAS CONTAMOS

Hoxe tivemos a sorte de acudir a unha fermosa actividade na que un grupo de persoas con diversidade funcional representaron unha pequena obra de teatro na que afondaba no problema da contaminación dos nosos mares e océanos.

 




 
 

jueves, 15 de enero de 2026

 ORTOGRAFÍA VISUAL

Estos días estivemos vendo que hai palabras (b/v, g/j...) que non temos un xeito de saber como se escriben máis que lendo moito e véndoas moitas veces escritas. Pero hoxe, vimos outro xeito que nos pode axudar a lembrarnos da súa ortografía e... RESULTOU UN ÉXITO!

Pasámolo xenial e saíron cousas tan chulas coma estas:

 



 

 

martes, 13 de enero de 2026

PEIXES E POLBOS

Ademáis de todo o investigado sobre o mar, tivemos tempo de comezar a decorar o noso corredor con algunha especie mariña...

 



  

lunes, 12 de enero de 2026

 RETO 2 MARESADA

CONSEGUIDO!🎉🎉🎉

 

Durante este primeiro trimestre traballamos a reo para descubrir e entender un pouco máis o mar e as suas especies.

Nas últimas semanas do trimestre plasmamos todo o aprendido nun lenzo, que nós mesmos decoramos, e presentámolo para poder acadar o segundo reto proposto por Lecturitas para este curso.

Hoxe a profe Noe veu a confirmarnos que tiñamos o reto superado e a entregarnos as nosas moedas de recompensa!

 Noraboa aos nenos e nenas de 2º!

 



 

 PARABÉNS ANDRÉ!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 

A última semana antes das vacacións de Nadal festexamos o aniversario do noso compañeiro André.

Visitounos a súa nai e fixemos xuntos helicópteros de papel.

Foi divertidísimo facelos voar todos xuntos!

 



 

 

PARABÉNS SARA LÓPEZ 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂  Que ben o pasamos o pasado mércores facendo flores de papel coa familia de Sara López! Moitas grazas p...